Xosé Antonio Touriñán
 

Xosé Antonio Touriñán acende o Nadal en Marineda City

O 28 de novembro será moi especial en Marineda City. E é que esa noite inauguramos o Nadal cun padriño de luxo: o actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, que será o mestre de cerimonias dun espectáculo cheo de humor e fantasía, co que damos a benvida á época máis máxica do ano e arrincamos unha programación con plans para toda a familia.

Pero para accionar o pulsador que acenderá o Nadal en Marineda City, Touriñán non estará só; contará coa axuda dun elenco de seres máxicos que ofrecerán un espectáculo creado exclusivamente para Marineda City pola compañía Pablo Méndez: Fulgor, no que fadas, faunos de xeo, cisnes de cristal e outros seres fabulosos axudarannos a iluminar o centro co seu resplandor de ilusión, alegría e felicidade. Ademais, sortearemos tarxetas regalo entre todos os asistentes!

Con este show único, que vos trasladará ás máis tenras fantasías da infancia, arrincamos a nosa programación para estas festas, na que non faltarán o tradicional Mercado de Nadal, un Parque de Xeo, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos e servizos exclusivos para facilitar as vosas compras.

Parque de Xeo

Con máis de 1.400 m2 cadrados de diversión para toda a familia, o Parque de Xeo (praza exterior) contará coa pista de xeo natural máis grande da cidade, pista para bicis e unha rampa para escorregar con donuts.

Mercado de Nadal

Desde o 25 de novembro, os agasallos máis orixinais espéranvos no noso xa tradicional Mercado de Nadal.

Empaquetado de agasallos

Para facilitar as vosas compras, do 9 de decembro ao 5 de xaneiro contaremos cun servizo de empaquetado de agasallos en planta baixa.

Papá Noel e os Reis Magos

Como cada ano, Papá Noel visitará o centro do 20 ao 23 de decembro e os días 4 e 5 de xaneiro estarán as súas Maxestades de Oriente para que todos os nenos e nenas poidan entregarlles as súas peticións.

Mini festa de Fin de Ano

O 29 de decembro damos a benvida ao 2020 en Marineda Kids cunha festa de Fin de Ano para os máis pequenos da casa.

Punto solidario

A solidariedade tamén terá unha presenza moi especial durante estas datas: polo noso punto solidario pasarán durante os próximos meses entidades de acción social como Acción contra a Fame (do 27 ao 30 de novembro); a Fundación Josep Carreras (do 2 ao 5 de decembro); Aldeas Infantís (do 10 ao 13 de decembro); Médicos sen Fronteiras (do 16 ao 20 de decembro); ACNUR (do 26 ao 28 de decembro) e ALAS Coruña (os días 7 e 21 de decembro).

Recorda que podes consultar todos os detalles da programación de Nadal na nosa app móbil, dispoñible para iOS e Android, onde atoparás información actualizada de todos os eventos e servizos que che facilitarán a túa visita, como o de xeolocalización, grazas ao que poderás gardar a ubicación do teu coche no parking ou atopar calquera tenda que busques, ou a posibilidade de levar no teu móbil a túa Marineda City Card para beneficiarte de descontos en máis de 50 establecementos.