17 millóns de visitas ao ano

Cunha media de 17 millóns de visitantes ao ano, Marineda City consolidouse como o centro comercial de referencia en Galicia e no noroeste peninsular. Preto de 200 tendas e marcas como Ikea, Decathlon, Media Markt, El Corte Inglés, Hipercor, Leroy Merlin ou Primark convérteno nun polo de atracción comercial e turística cunha oferta atractiva e diferenciada. Marineda City ofrécelle ao visitante unha experiencia singular e completa que suma ao shopping variadas propostas de lecer e restauración.

Responsabilidade social corporativa

Marineda City traballa para contribuír á mellora da sociedade na súa área de influencia. Con este fin, desenvólvense diversas actividades destinadas a fomentar o emprego e a formación, o apoio ao talento ou a divulgación de coñecemento por exemplo a través do programa Marineda College. Así mesmo, cédese gratuitamente un espazo no centro para que entidades de acción social poidan levar a cabo labores de concienciación. Ofrécense tamén servizos especiais para clientes como o aluguer de scooters eléctricas ou sistema de navegación con guiado no plano do centro comercial a través da app para persoas con mobilidade reducida, bucle inductivo, recollida de roupa usada, puntos de reciclaxe, etc.

Visitas guiadas

Marineda City organiza visitas guiadas para grupos que queiran descubrir da man dos nosos profesionais o funcionamento e o día a día do centro comercial meirande de Galicia. Se pertences a unha asociación, empresa ou centro formativo, escríbenos a info@marinedacity.com ou chámanos ao 881 888 888 e informarémoste de todos os detalles.