Charla Pop - anos 60

Charla Pop - anos 60

Que mellor plan para un venres en familia que unha viaxe á década dos 60?

venres 25, ás 19.00 horas, non te perdas a primeira xornada do ciclo #venrespop na que o xornalista Javier Becerra dará unha charla na que levará a pais e nenos á época dourada do pop cunha sesión interactiva na que os pequenos coñecerán os primeiros grupos da Tamla Motown, berrarán como fans en plena beatlemanía, experimentarán o terremoto de James Brown e debuxarán as cores da revolución psicodélica.

Ademais, ás 18.00 horas, os máis peques poderán participar nun taller de chapas inspiradas nos grupos de pop-rock das últimas décadas.

Eventos Venres 25 de outubro Desde as 18.00 horas Planta 0 881 888 888