
CONSELLOS PARA A TÚA VISITA
Pola túa seguridade e a de todos segue estas recomendacións.
Antes da túa visita:
▪ Consulta a nosa web e redes sociais ou descarga a nosa app para consultar toda a información actualizada e preparar mellor a túa visita.
▪ Non esquezas traer a túa máscara.
▪ Evita saír de casa se tes febre ou síntomas de COVID-19.
▪ Nos medios de transporte: prioriza transporte individual, usa máscara ou mantén distancia social de 2m.
Xa no centro, para gozar da túa experiencia en Marineda con todas as garantías, lembra:
▪ Controlamos o aforo para a túa seguridade.
▪ Segue as frechas que indican os accesos e circuítos de entrada e saída.
▪ Usa as alfombras desinfectantes situadas nos accesos.
▪ Mantén a distancia social recomendada de 2m.
▪ Acceso prioritario de maiores de 65 anos. Consulta horarios en cada local.
▪ Lava as mans antes e despois de realizar as túas compras.
▪ Atoparás dispensadores de xel situados por todo o centro comercial.
▪ Poden usar os ascensores un máximo 2 viaxeiros á vez (salvo grupos conviventes). Respecta, agora máis que nunca, a prioridade de uso dos ascensores.
▪ Nas escaleiras mecánicas usa xel hidroalcohólico se tocas o pasamáns e respecta unha distancia de polo menos 3 chanzos.
▪ Infórmate das condicións de acceso e seguridade en cada un dos establecementos.
▪ Paga con tarxeta sempre que sexa posible.
▪ Evita estar nas zonas comúns (os corredores, por exemplo) máis tempo do estritamente necesario.
▪ Segue as indicacións e recomendacións que verás distribuídas polo centro comercial.
E despois, ao saír de Marineda:
▪ Lembra lavar as mans antes de saír.
▪ Ao chegar a casa hixieniza as túas compras e bolsas.
Ante calquera dúbida, lembra que podes poñerte en contacto connosco enviando un correo electrónico a info@marinedacity.com, chamando ao 881 888 888 ou nos nosos Puntos de Información.
Traballamos para facer do centro un lugar máis seguro para todos. Estamos desexando volver a verte! Consulta todas as medidas aquí.