Día do Alzheimer en Marineda City

Día do Alzheimer en Marineda City

Para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer,  Marineda City e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña,  AFACO, uníronse para dar a coñecer os beneficios da musicoterapia nestes enfermos.

Así, o venres 20 e o sábado 21, de 12 a 14 e de 16 a 22 horas, na primeira planta baixa do centro, voluntarios de  AFACO farán labor de concienciación e de  visibilización da enfermidade e, ademais,  Marineda City terá ao dispor dos clientes unha  gramola na que os clientes poderán doar 1€ por cada canción que desexen que soe. Toda a recadación desta acción denominada “Que non nos quiten o  bailao” destinarase ás actividades de musicoterapia que realiza  AFACO, entre outros dos seus proxectos.

Días especiais Venres 20 e sábado 21 de setembro De 12 a 14 e de 16 a 22 horas Planta 1, delante de Calzedonia 881 888 888