GUÍA DE PREGUNTAS E RESPOSTAS

GUÍA DE PREGUNTAS E RESPOSTAS

Podo ir a Marineda? Ata que hora abre a miña tenda favorita? Podo pedir comida a domicilio? Como sabemos que as novas restricións puideron xerar certas dúbidas, resolvémolas!

Cal é o horario do centro comercial?

As portas do centro comercial están abertas de luns a domingo de 9 a 21:30 horas.

Ata que hora están abertas as tendas?

Os locais do centro están abertos de luns a sábado como máximo ata as 21:30 horas. Se queres saber o horario da túa tenda favorita, recomendámosche que lles consultes directamente.

A hostalería segue aberta?

Os nosos locais de restauración seguen traballando ata as 21:30 horas co seu servizo de take away. Consulta as opcións, fai o teu pedido para recoller no local e goza dos teus favoritos en casa!

Podo pedir a miña comida favorita a domicilio?

Claro! Consulta co teu local favorito se ofrece opción delivery, realiza o teu pedido antes das 12 da noite e gózao en casa!

Podo ir a Marineda se non vivo na Coruña?

Podes gozar das nosas opcións de lecer e shopping se vives nalgún dos seguintes concellos: Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños , Camariñas, Cambre, Carral, Cee, Cerceda, Cesuras, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Inxoa, Laracha, Laxe, Miño, Muxía, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Sobrado, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo ou Zas.

Podo ir a Marineda cos meus amigos?

Podes gozar das túas tendas favoritas con elxs sempre en grupos de máximo catro persoas e mantendo en todo momento as medidas de seguridade.

Cal é o horario de atención ao cliente?

O noso equipo resolverá as túas dúbidas de luns a venres de 9:30 a 21:30 horas no Punto de Atención ao Cliente da Porta B (xunto a La Bottega) e de 10 a 14 e de 17 a 21 horas no Punto de Atención ao Cliente da Porta A (xunto á farmacia). Os sábados, atenderante de 9:30 a 21:30 horas nos Puntos de Atención ao Cliente da Porta A e B.

Se o prefires, podes enviar as túas dúbidas vía WhatsApp de 9:30 a 21:30 horas ou por correo electrónico a info@marinedacity.com.

Ata cando están vixentes estas medidas?

As novas restricións entran en vigor o venres 26 de febreiro. Con todo, poden ser modificadas en calquera momento en función de como evolucione a situación epidemiolóxica.

Eventos Desde o 26 de febreiro 881 888 888