
INFORMACIÓN PRÁCTICA
En Marineda City queremos que todos, empregados e clientes, vos sintades seguros. Nestes momentos, coidar da vosa seguridade e saúde dentro do centro é o máis importante para nós, por iso implementamos unha serie de medidas extraordinarias:
◼ Hixienizamos a diario todas as instalacións seguindo protocolos e produtos recomendados polas autoridades sanitarias, facendo especial fincapé nas superficies das zonas comúns que máis se tocan, como os pasamáns das escaleiras ou os botóns dos ascensores.
◼ Nos aseos e salas de lactación:
▪ A limpeza realízase cada hora. (A información dos horarios está situada nos accesos).
▪ Atoparás billas e secadores de mans sen contacto.
▪ Recoméndase o uso dun de cada dous lavabos para manter a distancia de seguridade.
▪ Dispoñemos dun sistema de filtrado continuo de aire.
◼ Reforzamos o nº de dispensadores de xel hidroalcohólico. Atoparalos distribuídos por todo o centro comercial.
◼ Para asegurar a distancia, colocamos biombos nos Puntos de atención ao cliente e nas oficinas de Xerencia.
◼ Distribuímos sinalización e cartelería informativa en todo o centro agrupando as recomendacións hixiénico-sanitarias e indicando os puntos clave de distancia mínima recomendada.
◼ Deseñáronse fluxos de entrada e saída ao centro, colocando frechas indicativas e alfombras desinfectantes nos accesos desde aparcadoiro e desde a rúa.
◼ Adaptáronse os sistemas de control de aforos nos accesos ao centro conectados ao Posto Permanente de Seguridade e en constante cordinación coa Xerencia.
◼ Reforzamos o persoal de seguridade para axudar a que a circulación sexa máis fluída e se respecten as distancias de seguridade tanto nos accesos como no interior do centro, ademais de pechar temporalmente as zonas infantís e áreas de descanso.
Neste sentido, a propia dimensión de Marineda City facilitará o mantemento do distanciamento social.
◼ Nos puntos de información contamos con material de protección de reposto, como máscaras e luvas, dispoñible para empregados e clientes en caso de emerxencia ou perda,
◼ Papeleiras especiais ao dispor dos clientes ao longo de todo o centro comercial.
Na nosa web e app atoparás unha serie de consellos e recomendacións para gozar da túa visita con todas as garantías.