MARINEDA FEST

MARINEDA FEST

O próximo 11 de xullo nace Marineda Fest, un completo plan que inclúe música, gastronomía e solidariedade. A cita do verán en Galicia reunirá nun mesmo escenario a Xoel López, Iván Ferreiro e Néstor Pardo, que tocarán os seus temas máis emblemáticos. Tres concertos que se celebrarán na praza exterior a partir das 20 horas, gratuítos para o público e que terán un carácter solidario a favor da Fundación Meniños. Ademais, o festival contará cunha parada de Food Trucks para que os asistentes poidan gozar dunha interesante selección gastronómica durante a xornada. Marineda Fest supoñerá o punto de partida dunha completa programación de verán en Marineda.

Eventos 11 de xullo 20 h Praza Exterior. 881 888 888