MARINEDA FEST DELEITE

MARINEDA FEST DELEITE

No marco do Marineda Fest, que comeza o 11 de xullo co concerto de Xoel LópezIván Ferreiro e Néstor Pardo, a praza exterior de Marineda City acollerá, os días 12 e 13 de xullo, o Festival Deleite. Unha cita familiar pensada para que os máis pequenos da casa gocen coas mellores propostas musicais e actividades deseñadas para eles, así como dúas sesións de presentación do libro do periodista Javier Becerra "Isto é pop!", que achegará a música aos nenos dunha maneira soprendente. Ademais, durante toda a fin de semana teremos na praza exterior unha parada de foodtrucks nas que poderedes degustar as máis variadas propostas gastronómicas. 

12 de xullo

  • 18:00h. Obradoiros infantís Fundación Meniños. Creación de instrumentos musicais con materiais de refugallo, baile con cancións para nenos e coreografía da canción da proposta educativa “Viaxe ao reino das emocións” e pintacaras con motivos musicais. Actividade gratuíta, previa inscrición por orde de chegada.
  • 20:00h. “Unha historia do pop para nenos”. Nesta sesión, o periodista e autor do libro “Isto é pop!” revisará, coa participación dos pequenos, a historia do xénero comezando por The Beatles e pasando por David Bowie ou Aretha Franklin. Acceso libre.
  • 21:00h. Concerto de Pablo Díaz. Acceso libre.
  • 22:00h. Mini DJ SET. Acceso libre.

13 de xullo 

  • 18:00h. Obradoiros infantís Fundación Meniños. Creación de instrumentos musicais con materiais de refugallo, baile con cancións para nenos e coreografía da canción da proposta educativa “Viaxe ao reino das emocións” e pintacaras con motivos musicais. Actividade gratuíta, previa inscrición por orde de chegada.
  • 20:00h. “O rock, as guitarras que o cambiaron todo”. Nesta segunda charla de historia da música para nenos, Javier Becerra fará un repaso desde os pioneiros do rock ata o presente. Coñeceremos o baile do pato de Chuck Berry, vibraremos cun guitarrista vestido de colexial que tocaba en AC/DC, mergullarémonos no mundo sen límites de Queen, fliparemos coa enerxía de Ramones e descubriremos aos Guns N’ Roses. Todo un paseo polas guitarras e o son que transformou o mundo. Acceso libre.
  • 21h. Mini DJ Set. Acceso libre.
  • 22h. Cine familiar ao aire libre. Acceso libre.
Nenos Do 11 ao 13 de xullo Praza exterior 881 888 888