
MARINEDA FEST SOLIDARIO
Marineda Fest, que inclúe concertos, unha parada de food trucks e plans familiares, ten tamén un fin solidario en favor da Fundación Meniños.
Carriño solidario
Voluntarios desta entidade social que traballa en favor da infancia e a adolescencia, farán labores de concienciación e recadación fondos.
• Do 5 ao 13 de xullo, de 10.30 a 13.30 h e de 17 h a 19.30 h. Espazo solidario de Marineda City (planta 0). Os interesados en colaborar poderán facerse coas pulseiras solidarias de Fundación Meniños, cuxa adquisición dará dereito a participación en sorteos de premios exclusivos do Festival a través das redes sociais da entidade. E desde o martes 9 de xullo, haberá camisetas de Marineda Fest, á venda por un prezo de 10€, importe que se destinará integramente ao labor social que realiza a entidade.
Talleres solidarios
Ademais, no marco do Festival Deleite que terá lugar en Marineda City o venres 12 e o sábado 13 cunha variada programación de actividades infantís, Fundación Meniños impartirá talleres para nenos e nenas:
• 12 de xullo. 18:00 h. Taller de creación de instrumentos musicais con materiais reciclados, baile con cancións para nenos e coreografía da canción da proposta educativa “Viaxe ao reino das emocións” e pintacaras con motivos musicais. Actividade gratuíta, previa inscrición por orde de chegada.
• 13 de xullo. 18:00 h. Taller de creación de instrumentos musicais con materiais reciclados, baile con cancións para nenos e coreografía da canción da proposta educativa “Viaxe ao reino das emocións” e pintacaras con motivos musicais. Actividade gratuíta, previa inscrición por orde de chegada.