Marineda Máxica

Marineda Máxica

Do 16 de setembro ao 19 de outubro chega a Marineda City o universo do mozo aprendiz de mago. En Marineda Máxica, os seguidores da saga de novelas fantásticas de J. K. Rowling que inspiraron a serie cinematográfica poderán gozar dunha completa colección fan, de acceso gratuíto, con máis de 100 reproducións licenciadas de obxectos e figuras, así como outras tantas pezas únicas deseñadas para coleccións privadas. 

Os asistentes a Marineda Máxica, que estará situada na praza Emilia Pardo Bazán (planta 0), poderán tamén fotografarse en dioramas a tamaño real e photocalls inspirados na saga. Podes consultar toda a información de Marineda Máxica aquí.

Ademais, esta experiencia tamén inclúe unha programación de talleres de maxia e actuacións de magos para as tardes dos venres 20 e 27 de setembro e o 4 e o 11 de outubro. Coñece nesta ligazón o programa de Escola Máxica. E, entre todos os clientes que presenten tickets de compra ata o fin da exposición, Marineda City sorteará unha viaxe aos Warner Bros Studio Harry Potter, en Londres.

Eventos Do 16 de setembro ao 19 de outubro Praza Emilia Pardo Bazán, planta 0 881 888 888