PARQUE DE XEO

PARQUE DE XEO

Estabas a esperalo e xa está aquí! A partir do 29 de novembro, o Parque de Xeo abre as súas portas na Praza Exterior de Marineda City e faino cargado de novidades.

E é que, nos seus máis de 1.400 metros cadrados de diversión para toda a familia, poderás atopar unha pista para bicis e unha rampla de esvaramento con donuts, ademais da pista de xeo natural máis grande da cidade.

Durante o período lectivo, poderás gozar desta experiencia de luns a xoves de 9 a 14 horas (só centros escolares) e de 17 a 21 horas. Os venres, o horario matinal será o mesmo mentres que pola tarde amplíase abrindo desde as 16.30 ata as 22 horas. Así, os sábados e domingos, o horario será continuo de 11 a 22 horas.

Unha vez dean comezo as vacacións de Nadal, o horario do Parque de Xeo será de luns a domingo de 11 a 22 horas. Cabe destacar que venres, sábado e vésperas de festivos haberá sesións nocturnas con horario de 23 a 2 horas (se procede).

Nadal Desde o 29 de novembro De 11 a 22 horas Plaza Exterior 881 888 888