TAKE AWAY & DELIVERY

TAKE AWAY & DELIVERY

Quen dixo que non se poida gozar do mellor dos teus locais favoritos sen saír de casa?

Se che apetece comezar o día cun delicioso almorzo, saborear a túa comida favorita, darte un capricho doce ou gozar dunha cea especial, non tes máis que consultar as opcións de delivery e take away dos nosos locais de restauración. Toma nota!

Burger King. Se o teu son as hamburguesas, non renuncies ao teu menú favorito. Consulta as opcións de delivery ou take away e cumpre o teu capricho!

Goiko. O teu corpo pídeche unha Kevin Bacon? Non hai problema! Fai o teu pedido para recoller ou con entrega a domicilio de 13.00 a 23.00 (de domingo a mércores) ou de 13.00 a 00.00 (de xoves a sábado) e goza!

Hebe Gyros. Sexas máis de dürüm ou de kebab, as cociñas de Hebe Gyros seguen acesas para ofrecer o mellor da cociña turca. Consulta as súas opcións de delivery ou take away.

◾ Ikea. Seguir gozando do mellor da cociña sueca agora é posible coa súa take away. Consulta aquí toda a variedade de opcións para levar de IKEA A Coruña.

◾  KFC. Goza do polo frito máis famoso en casa! Revisa a carta, fai o teu pedido para recoller ou a domicilio e segue gozando dos teus favoritos.

La Churrería. Se buscas calquera escusa para saborear un delicioso chocolate con churros, en La Churrería ofrecen opcións take away para que non renuncies a un pracer doce que gusta a peques e maiores.

◾ Lola Organic. Sándwichs, ensaladas, batidos naturais, zumes, caprichos doces... Descobre todas as opcións take away de Lola Organic e dáte un capricho healthy.

◾  Loops& Coffee. Se o café forma parte da túa rutina matinal ou non perdoas o de media tarde, en Loops&Coffee ofrecen opcións de take away para que non renuncies aos seus cafés especiais, bagels, smoothies ou a súa ampla variedade de irresistibles Loops.

◾ McDonald´s. Seguir gozando do teu McMenú é posible. Consulta as opcións de take away ou delivery e non te quedes coas ganas.

◾ Taco Bell. Tacos, burritos, quesadillas... Consulta as opcións de take away e delivery e goza dos teus favoritos en casa!

◾ TGB. As hamburguesas apaixónante? Segue gozando das túas burgers ou pratos favoritos de The Good Burger co seu servizo de take away ou facendo o teu pedido a domicilio.

◾  VIPS. De 12.30 a 16.30 e de 19.30 a 22.30, a cociña de VIPS segue traballando para que poidas gozar do teu menú favorito tanto se o recolles no local como para os envíos a domicilio. Máis información aquí.

Se necesitas información máis detallada, ponte en contacto co establecemento e eles resolverán as túas dúbidas.

Aperturas Desde o 6 de novembro 881 888 888