WELCOME BACK

WELCOME BACK

Aínda que durante máis de dous meses seguimos maioritariamente ao voso lado a través da pantalla dándolle un toque de humor á corentena, poñendo banda sonora ao confinamento, entretendo aos máis peques, enchendo as nosas redes de esperanza con diferentes propostas creativas e compartindo as nosas recomendacións culturais para deixar de lado o aburrimento, hoxe volvemos vernos!

Cos aplausos das 20.00 horas, as telecañas cos amigos ou as videochamadas cos avós aínda no recordo, recuperamos a actividade coa vista posta na vosa saúde.

Sabemos que estás desexando retomar todos os teus plans por iso, para que poidas facelo con total seguridade, puxemos en marcha unha serie de medidas extraordinarias.

Aínda que as ganas de gozar da experiencia Marineda City son as mesmas, a forma de relacionarnos cambiou. Por iso, reunimos unha serie de consellos que debes ter en conta se vas a facernos unha visita.

As túas tendas favoritas de moda, xoguetes, libros, tecnoloxía, deporte, fogar, beleza, accesorios, alimentación espérante cos brazos abertos do mesmo xeito que a nosa oferta de restauración. Se necesitas información actualizada sobre os horarios de apertura, consulta coa tenda ou establecemento

Estamos desexando verte de novo! #BACKTOLIVING

Eventos Desde o 25 de maio 881 888 888