Xogo de Tronos, O Reto

Xogo de Tronos, O Reto

Da man de Vodafone e HBO España, "Xogo de Tronos, O Reto" desembarca en Marineda City. Trátase dunha experiencia única para os fans da xa mítica serie que estará na Praza Emilia Pardo Bazán do centro comercial do 7 ao 15 de xuño. A mostra, que recala en Marineda como única cita en Galicia, é de acceso libre e conta cunha zona de exhibición que alberga obxectos icónicos do universo creado por George R.R. Martin e os carteis máis emblemáticos de cada tempada. Para completar a experiencia, os visitantes poderán probar o Trono de Ferro ou fotografarse cunha réplica a escala de Drogon, fillo da Nai de Dragones.

Na zona de retos, os asistentes poderán gozar de tres Escape Rooms que lles levarán directamente ata Invernalia, Desembarco do Rei ou Rocadragón e nas que poderán participar de 4 a 6 xogadores por sala. Ademais, tamén poderán facerse con premios personalizados da serie como recordo xogando nunha ruleta.

Ocio Do 7 ao 15 de xuño De luns a vernes, de 17 a 21h, e sábados, de 12 a 14h y de 16 a 21h Praza Emilia Pardo Bazán 881 888 888