ARENAL PERFUMERÍAS

ARENAL PERFUMERÍAS

Arenal Perfumerías é unha empresa familiar creada en Lugo no ano 1976. A apertura dunha primeira tenda de apenas 50 metros cadrados nunhas galerías comerciais da cidade foi o punto de arranque para unha firma que no últimos trinta anos consolidouse como un grupo especializado en distribución de perfumería e cosmética, con máis de trinta tendas repartidas polas comunidades galega e castelán-leonesa. 

A comodidade e o innovador deseño das instalacións de Arenal Perfumerías, dotadas con materiais e iluminación de calidade, así como unha aposta constante pola renovación tecnolóxica tanto nas tendas como nas campañas de promoción son acenos de identidade dun grupo empresarial que tamén apunta entre os seus compromisos é de aprender cada día máis para mellorar e ofrecer novos produtos e, como sempre, ao mellor prezo.

Beleza 10 a 22 h. Planta 0 981 109 071 perfumerias.arenal.com
VER NO PLANO