POMODORO

POMODORO

Pomodoro fará as delicias dos amantes da comida italiana e tex mex. E é que en Pomodoro poderedes atopar desde pasta ata burritos, todo elaborado con materia prima de primeira calidade e un prezo único para todos os pratos da carta: 3,90€, excepto as propostas gourmet.

Ademais dunha completa carta con ensaladas, antipasti, pastas, burritos, pizzas e burgers, en Pomodoro, situado na planta 2 de Marineda City, dispoñen de especialidades sen glute e de diferentes propostas de menús, así como de sobremesas típicas de Italia, como tiramisú napolitano ou panacota.

Restauración Planta 2 881 022 645 pomodoropizza.es
VER NO PLANO