As mellores ideas para sorprender a mamá

26 de Abril de 2019

O domingo 5 de maio celébrase o Día da Nai, unha data na que todos queremos devolver ás nosas mamás todo o agarimo que nos deron. O último en moda, unha experiencia de lecer, flores, material deportivo, doces, libros, tecnoloxía… En Marineda City tes as mellores ideas para acertar.

Se lle encanta a roupa e os complementos, dá unha volta polos nosos escaparates e empápate coas últimas tendencias: nas nosas tendas de moda atoparás o que buscas. Se es máis de regalar momentos, proba a sorprendela cunha experiencia de lecer: cine, parque de birlos, karting… E para rematar, convídaa a cear nun dos nosos restaurantes. Para as mamás deportistas, en Marineda City ofrecémosche a máis variada oferta de roupa, equipamentos e complementos: descúbrea en Decathlon ou na zona de moda e deporte (planta 1); adózalle o día con chocolates ou tortas de lambetadas… ou aposta por un bo libro. E se cres que xa é hora de pasarse ao ebook, faite co teu nas nosas tendas de tecnoloxía.

Para te axudar a elixir, seleccionamos algunhas das promociones especiais das nosas tendas para o Día da Nai.

Arenal

Compra en Arenal o teu agasallo do Día da Nai con descontos de 5€ por compras superiores a 50€ ou 12€ por compras superiores a 100€ en alta perfumaría e parafarmacia. Ata o 5 de maio.

Cortefiel

30% de desconto en zapatos, bolsos e complementos seleccionados. Ata o 4 de maio.

Deportienda

25% de desconto na colección Macron 18/19. Ata o 4 de maio.

O Corte Inglés

Ata o 15% de desconto en perfumaría, cosmética e parafarmacia. Ata o 12 de maio.

Mutiópticas

Regala 2 pares de lentes Mó de sol por 58€.

Pandora

Ata o 8 de maio leva unha pulseira PANDORA por compras superiores a 129€ na boutique Pandora Marineda.

Zara Home

Regalos para o Día da Nai: mid season sale ata o 40%.

Que aínda non o tes claro? Descarga a nosa app móbil, dispoñible para Android ou iPhone, e proba o noso novo servizo O Regalador: só tes que seleccionar a idade da túa nai e un rango de orzamento e a aplicación indicarache as alternativas máis adecuadas e as tendas onde atopalas. Ademais, recorda que tanto na nosa app como na nosa web poderás estar ao tanto das promocións das nosas marcas para conseguir os mellores agasallos e ao mellor prezo.

*Consulta as condicións das promocións en cada establecemento.