POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Responsable do tratamento: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY (en diante, MARINEDA CITY).

Enderezo: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña (España)

Correo electrónico: info@marinedacity.com

Finalidade principal do tratamento: os seus datos serán utilizados para establecer, manter e xestionar a relación comercial, contractual ou precontractual, tramitando as súas consultas e realizando envíos publicitarios e de información comercial.

Base lexitimadora: dependendo dos casos, os datos trataranse con base na obtención do consentimento, a execución do contrato entre vostede e MARINEDA CITY ou a aplicación de medidas precontractuais ou o interese lexítimo de MARINEDA CITY.

Potenciais destinatarios dos datos:

  • Terceiras partes ás que MARINEDA CITY está obrigada a transmitirlles información, como autoridades públicas.
  • Empresas do Grupo MERLIN PROPERTIES, cuxo sector de actividade é o inmobiliario.

Dereitos de protección de datos: vostede pode revogar en calquera momento o consentimento outorgado para as actividades de tratamento de datos persoais por parte de MARINEDA CITY, así como exercer, se está interesado nisto, os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou obxección ao tratamento de datos, portabilidade de datos, así como a non ser obxecto de decisións automatizadas. Pode facelo mediante solicitude dirixida á COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY na estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña (España), ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@marinedacity.com, achegando copia do seu DNI ou documentación acreditativa da súa identidade.

1. Información sobre MARINEDA CITY

O presente documento regula a Política de Privacidade do sitio web/app titularidade de MARINEDA CITY (en diante, o “Sitio Web”).

MARINEDA CITY é un centro comercial integrado no Grupo MERLIN PROPERTIES que ofrece multitude de servizos a través da súa páxina web/app, entre os que destacan, entre outros, os seguintes:

  • Envío de boletín/rexistro Marineda City Card: os datos subministrados nos formularios de subscrición ao noso boletín e á nosa tarxeta de fidelización Marineda City Card serán empregados para enviarlle información por vía electrónica sobre as ofertas, promocións e eventos do centro comercial.
  • Concursos ou promocións:os datos de carácter persoal que se recollan tanto a través da páxina web www.marinedacity.es como a través das páxinas, contas ou perfís de usuario que manteña o CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY nas diferentes redes sociais (por exemplo, www.facebook.com) serán empregados para xestionar a súa participación no concurso ou promoción no que interveña, así como para subministrarlle información sobre as novidades do centro comercial.
  • Redes sociais:os datos de carácter persoal que nos facilite a través das nosas páxinas, sitios web, contas ou perfís de usuario en redes sociais (Facebook, Twitter, etc.) serán incorporados aos nosos ficheiros coa finalidade de utilización dentro das mencionadas redes sociais para mantelo informado dos nosos eventos, ofertas e promocións.
  • Aplicacións móbiles: os datos de carácter persoal que nos facilite a través das nosas aplicacións móbiles serán incorporados aos nosos ficheiros coa finalidade de enviarlle información por vía postal e electrónica sobre o CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, as súas actividades e promocións, así como as dos negocios instalados no centro comercial.

Para a súa información, a seguir recóllense os datos identificativos da sociedade:

Denominación social: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY (en diante, MARINEDA CITY).
NIF: H-70297205
Enderezo: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña (España)
Correo electrónico: info@marinedacity.com
Dato rexistral: Rexistro da Propiedade n.º 2 da Coruña, data 9 de marzo de 2010, libro 1785, folio 61, terreo n.º 95788, inscrición 6ª.

1.1. Aplicación desta Política de Privacidade

A presente Política de Privacidade regula o tratamento de datos levado a cabo por MARINEDA CITY en relación cos usuarios que accedan a ou se poñan en contacto con MARINEDA CITY a través do Sitio Web e as apps Marineda City (iOS e Android). O anterior abranguería o tratamento de datos persoais de todos os usuarios que accedan a ou transmitan información a través do Sitio Web.

2. Datos persoais tratados por MARINEDA CITY, finalidades e lexitimación

Vostede queda informado de que todos os datos que MARINEDA CITY lle solicite ou lle poida solicitar son necesarios para as finalidades descritas na presente Política de Privacidade e de que o feito de non facilitalos suporía a imposibilidade de contactar con vostede ou prestarlle o servizo ou xestionar a solicitude, queixa ou suxestión que lle realice a MARINEDA CITY. Así mesmo, MARINEDA CITY resérvase a facultade de non responder a ou tramitar solicitudes que non inclúan os datos que lle sexan solicitados.

Vostede garante a veracidade dos datos de carácter persoal proporcionados a MARINEDA CITY. MARINEDA CITY pode solicitarlle periodicamente a revisión e actualización dos datos persoais que sobre vostede conserve.

No Sitio Web vostede pode atopar información que pode ser de utilidade de cara a informarse dos servizos ofrecidos por MARINEDA CITY. Neste sentido, MARINEDA CITY unicamente lle solicitará e tratará os datos necesarios para tramitar a consulta realizada, prestarlle o servizo contratado ou poder iniciar e manter unha relación comercial, contractual e/ou precontractual con vostede.

A seguir descríbense as diferentes finalidades coas que se tratan os seus datos persoais e as bases que lexitiman o tratamento:

  1. Lexitimación pola execución do contrato subscrito entre vostede e MARINEDA CITY ou aplicación de medidas precontractuais:
    1. Xestionar a relación comercial ou precontractual cos usuarios do Sitio Web atendendo ás solicitudes de información de servizos ofertados por MARINEDA CITY.
    2. Xestionar a relación contractual ou precontractual cos clientes de MARINEDA CITY que contratasen, a través do Sitio Web ou de forma presencial nas instalacións de MARINEDA CITY, calquera dos servizos ofrecidos, o que inclúe xestionar as consultas/solicitudes/permisos que reciba dos mesmos e o seguimento da relación mantida.
  2. Lexitimación por consentimento expreso:
    1. No caso de que vostede o autorice, realizar envíos publicitarios e de información comercial relacionada coas diferentes sociedades do Grupo MERLIN PROPERTIES, as súas actividades, produtos, servizos, ofertas, promocións especiais, así como documentación de diversa natureza por calquera vía, incluída a electrónica.
    2. No caso de que vostede o autorice, cederlles datos a sociedades do Grupo MERLIN PROPERTIES coa finalidade de remitirlle comunicacións comerciais relacionadas co sector de actividade de cada unha delas —sector inmobiliario, de desenvolvemento e xestión de infraestruturas, financeiro, de xestión de aparcadoiros e/ou centros comerciais ou de xestión patrimonial— por calquera vía, incluída a electrónica.
    3. No caso de que vostede o autorice, levar a cabo a realización dun perfil sobre os seus hábitos de consumo a través de información interna e externa, coa finalidade de ofrecerlle ofertas especiais sobre produtos ou servizos axustados as súas necesidades.
    Os datos persoais de menores de trece (13) anos e incapaces serán recollidos e tratados con base no permiso e consentimento outorgado polos seus pais, titores ou representantes legais. Polo tanto, pregámoslle que se absteña de subministrar datos persoais se non conta co consentimento de pais, titores ou representantes legais, non sendo MARINEDA CITY responsable das actuacións do menor de trece (13) anos ou incapaz. MARINEDA CITY poderá proceder ao tratamento dos datos dos maiores de trece (13) anos co seu consentimento, agás naqueles casos nos que a lei esixa a asistencia dos titulares da patria potestade ou tutela.
  3. Lexitimación por intereses lexítimos de MARINEDA CITY:
    1. No caso de que contrate algún produto ou servizo a través do Sitio Web, realizar comunicacións comerciais e publicitarias relacionadas con produtos e servizos similares aos contratados polos clientes de MARINEDA CITY. Neste caso o interese lexítimo de MARINEDA CITY sería realizar actividades de márketing dirixidas aos seus clientes, de acordo co considerando 47 do Regulamento Xeral de Protección de Datos.

2.1. Tratamento de datos asociado á mera navegación polo Sitio Web

Polo xeral, a mera navegación polo Sitio Web non implicará o tratamento dos seus datos persoais alén de, en casos concretos, o seu enderezo IP e datos relativos á súa navegación, coa finalidade de xestionar e optimizar o Sitio Web, lexitimado polo interese lexítimo de MARINEDA CITY de preservar a seguridade e integridade do Sitio Web.

2.2. PROCESO AUTOMATIZADO DE TOMA DE DECISIÓNS / ELABORACIÓN DE PERFIL

Actualmente non existe ningún proceso automatizado de toma de decisións ou elaboración de perfil que lle afecte legalmente ou de forma significativa. Non obstante o anterior, enviarémoslle ofertas específicas baseándonos nos seus datos de carácter persoal e na análise da súa conduta de usuario.

3. Terceiros aos que se lles poden transmitir os seus datos

Os datos persoais que vostede lle proporcione a MARINEDA CITY poderán comunicárselles ás seguintes categorías de destinatarios:

  • Terceiras partes ás que MARINEDA CITY está obrigada a transmitirlles información, como autoridades públicas, coa finalidade de cumprir os requirimentos das ditas autoridades e a normativa aplicable, se é o caso.
  • Empresas que formen parte do Grupo MERLIN PROPERTIES, coa finalidade de poder xestionar axeitadamente a súa relación contractual como consecuencia da centralización de procesos administrativos e informáticos existente dentro do Grupo, así como con finalidades comerciais no caso de que vostede prestase o seu consentimento para o efecto.

4. Seguridade dos datos

MARINEDA CITY conta con políticas apropiadas e medidas técnicas e organizativas para salvagardar e protexer os seus datos persoais contra o acceso ilegal ou non autorizado, a perda ou a destrución accidental, danos, o uso e a divulgación ilegal ou non autorizada.

Tamén tomaremos todas as precaucións razoables para garantir que o noso persoal e os empregados que teñen acceso aos seus datos persoais recibisen a capacitación axeitada.

En todo caso, informamos o usuario de que calquera transmisión de datos a través da Internet non é completamente segura e, como tal, se realiza baixo o seu propio risco. Aínda que faremos o noso máximo esforzo para protexer os seus datos persoais, MARINEDA CITY non pode garantir a seguridade dos datos persoais transmitidos a través do noso Sitio Web.

5. Conservación dos datos

O prazo de conservación dos seus datos virá determinado en función da duración da súa relación con MARINEDA CITY e dos períodos establecidos legalmente. Neste sentido, os criterios que MARINEDA CITY utiliza para fixar os prazos de conservación dos seus datos foron determinados de acordo cos requisitos establecidos na lexislación, os regulamentos e as directrices e normativas aplicables, así como os requisitos operacionais de MARINEDA CITY relacionados coa correcta xestión da relación existente coas diferentes categorías de interesados.

Neste sentido, os seus datos serán conservados mentres manteña calquera relación comercial ou contractual con MARINEDA CITY.

Unha vez finalizada a mesma, procederase á eliminación dos seus datos persoais no momento en que se levasen a cabo todas as accións necesarias para xestionar e dar por concluída calquera obriga que puidese quedar remanente entre as partes, levando a cabo nese período todas as xestións administrativas necesarias, agás naqueles casos nos que vostede nos facilitase o seu consentimento expreso para enviarlle comunicacións comerciais, en cuxo caso os seus datos se conservarán ata que mostre a súa oposición.

Sen prexuízo do anterior, os seus datos serán conservados, debidamente bloqueados, mentres poidan derivarse responsabilidades da execución da nosa relación contractual ou precontractual, así como para o cumprimento doutras obrigas legais a cargo de MARINEDA CITY.

A este respecto, MARINEDA CITY garante que non tratará os datos agás que sexa necesario para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou cando isto sexa requirido para facilitarlles estes datos á Administración pública, xuíces e tribunais durante o período de prescrición dos seus dereitos ou obrigas legais.

6. Os seus dereitos de protección de datos

Vostede poderá poñerse en contacto cando así o estime con MARINEDA CITY, podendo exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición, así como o dereito á portabilidade dos seus datos e a non ser obxecto de decisións automatizadas, mediante solicitude dirixida á COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY na estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña (España), ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@marinedacity.com, achegando copia do seu DNI ou documentación acreditativa da súa identidade.

Así mesmo, informámolo de que vostede poderá revogar os consentimentos outorgados cando así o desexe contactando coa COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY no enderezo ou correo electrónico indicados anteriormente.

Por último, no caso de que vostede desexe máis información acerca dos seus dereitos en materia de protección de datos ou precise presentar unha reclamación, poderá dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos, con domicilio en rúa Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, co fin de salvagardar os seus dereitos.

7. Contacte con MARINEDA CITY

Se ten dúbidas ou cuestións que transmitirlle a MARINEDA CITY en relación co tratamento dos seus datos persoais, pode dirixirse por escrito á COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY na estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña (España), ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@marinedacity.com.

© 2018 COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY. Todos os dereitos reservados.

Marineda City APP

Coa instalación desta aplicación vostede manifesta que está capacitado legalmente e, en especial, que non é menor de idade.

É posible que captemos o sinal do seu dispositivo móbil a través do sistema de información de MARINEDA CITY. En ningún caso este sistema pode chegar a obter datos persoais. En todo caso, se vostede desexa que o seu dispositivo móbil non sexa captado, poderá solicitalo conectándose ao punto de acceso wifi do centro comercial (WIFI_MARINEDA_CITY) usando a opción de baixa, ou ben poderá solicitalo poñéndose en contacto connosco en info@marinedacity.com

Información ampliada para concursos, promocións, sorteos, obradoiros, club infantil e outras actividades similares

Responsable do tratamento: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJO COMERCIAL MARINEDA CITY CIF: H-70297205 Enderezo: Estrada Baños de Arteixo 43, 15008 A Coruña Teléfono: 881 88 88 88 Correo electrónico: info@marinedacity.com

Finalidade do tratamento:

1. A participación nos concursos, promocións, sorteos, obradoiros e outras actividades organizadas polo centro comercial.
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento do interesado e/ou o seu representante legal e os datos serán gardados ata a finalización do concurso, promoción, sorteo, obradoiro ou actividade na que participe.

2. Envío de información sobre servizos, eventos e actividades que poidan ser de interese e para a promoción e publicidade das actividades e eventos que organice o centro comercial (no caso de que nos facilitase a súa autorización).
A base legal para o tratamento dos seus datos con estas finalidades é o consentimento do interesado e/ou o seu representante legal e os datos serán gardados ata que o interesado e/ou o seu representante legal solicite a supresión destes.

Informámolo de que pode revogar o seu consentimento en calquera momento dirixíndose por escrito ao enderezo do responsable do tratamento, sen que a retirada do consentimento lle afecte á licitude do tratamento realizado con anterioridade á súa retirada.

Destinatarios de datos:

Os datos persoais que vostede lle proporcione a MARINEDA CITY poderán serlles comunicados ás seguintes categorías de destinatarios:

  • Terceiras partes ás que MARINEDA CITY está obrigada a transmitirlles información, como autoridades públicas, coa finalidade de cumprir os requirimentos das ditas autoridades e a normativa aplicable, se é o caso.
  • Empresas que formen parte do Grupo MERLIN PROPERTIES, coa finalidade de poder xestionar axeitadamente a súa relación contractual como consecuencia da centralización de procesos administrativos e informáticos existente dentro do Grupo, así como con finalidades comerciais no caso de que vostede prestase o seu consentimento para o efecto.
  • No caso de que nos dese a súa autorización para a cesión da imaxe a redes sociais, medios de comunicación e ao público en xeral e soamente coa finalidade de promover e dar a coñecer a actividade do centro comercial.

Dereitos do interesado:

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe destes e se se lle comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Cancelación: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
  • Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos alén da mera conservación destes.
  • Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a poder transmitirllos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: o exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito achegando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila ao enderezo anteriormente citado. Así mesmo, poñemos á súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións ou obtelos no seguinte enderezo (URL) https://marinedacity.com/politica-de-privacidad. Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación perante a autoridade de control:no caso de que non se respectasen os seus dereitos, pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos, sita na rúa Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es.