Antonio Orozco ofrecerá un concerto solidario o 6 de xullo en Marineda City

Reserva a data, o 6 de xullo tes unha cita que non podes perder: ¡concertazo de Antonio Orozco en Marineda City!

Antonio Orozco, o compositor e intérprete de moitas das cancións que forman parte da banda sonora das nosas vidas e coach do talent show La Voz Kids, ofrecerá un recital solidario o próximo 6 de xullo, a partir das 21h, na praza exterior.

Por que é solidario? 

Desde o día 28 de xuño, no punto solidario que estará situado na planta 0, e a mesma noite do concerto, na praza exterior, estaremos repartindo pulseiras solidarias a cambio dun donativo económico para o programa de bolsas comedor de Educo, ONG dedicada á defensa e protección de dereitos da infancia. Faite coa túa e colabora!

Ademáis, os días 27 e 29 de xuño e 4, 11 e 14 de xullo, o club infantil de Marineda City acollerá talleres de debuxo impartidos por persoal de Educo, nos que se abordarán os dereitos da infancia desde un enfoque lúdico e divertido.

Xira destino: un repaso da súa extensa carrera 

Orozco, un dos cantantes máis prolíficos de pop español, fará unha parada na Coruña dentro da súa xira Destino, na que fai un repaso da súa extensa carreira, que o levou no último ano a percorrer a xeografía europea e a colgar o cartel de non hai entradas en varias localidades españolas.

Con máis dun millón e medio de discos vendidos, 9 discos de platino e un de ouro, en 2003 gañou un Premio Ondas ao Mellor Artista en directo e foi nomeado aos Latin Grammy pola súa canción “Estoy hecho de pedacitos de ti”. Tamén participou como coach en varias edicións de La Voz e actualmente podemos velo cada semana en La Voz Kids.

 Plateselector Food Tour

Este verán, coincidindo con concerto de Antonio Orozco, o Plateselector Food Tour regresa á Coruña para achegarnos as delicias dalgúns dos mellores food trucks nacionais. Do 6 ao 8 de xullo na praza exterior de Marineda City poderemos degustar os sabores mexicanos de Toloache, as delicatessen do chef Hermes Castro, a comida 100% natural e caseira de Comecamiños, as pizzas ao forno de leña de De La Piccola e a aposta de gastronomía responsable e ecolóxica do Fogar do Santiso, ademáis do vermú galego de Nordesía. A oferta gastronómica complétase coas propostas de Galician Food e Bico de Xeado, que estarán durante todo o verán no centro.

Con este recital, que promete ser unha noite inesquecible, damos o pistoletazo de saída a unha programación de verán chea de actividades para toda a familia, deporte, gastronomía e, sobre todo, moita diversión.