Vive unha experiencia única co noso persoal shopper

2 de marzo de 2017

O noso servizo de persoal shopper reinvéntase para se adaptar ás vosas preferencias e necesidades. Tanto se che apaixoa a moda coma se es un profano neste mundo, creamos o servizo perfecto para ti: unha experiencia única na que o noso experto guiarache nun percorrido polas nosas tendas de moda, aprenderache a definir o teu estilo e atopar as pezas máis adecuadas para ti: axudarate, en definitiva, a acertar.

Ademais, amosarache como sacar o máximo partido ao teu orzamento e lograr un armario equilibrado, sen pezas superfluas nin roupa que non necesitas. E é que confesa!: cantas veces compraches algo ao que non lle chegaches sacar a etiqueta? Grazas aos seus consellos, investirás, en lugar de gastar, en moda.

E o mellor de todo é que: é totalmente gratuíto! Para gozar deste servizo, iso si, debes ser usuario da nosa Marineda City Card ou da nosa app móbil (descárgaa aquí se o teu teléfono é un iPhone ou aquí se é Android).

Así que xa sabes: non esperes máis e pide a túa cita no 881 888 888 ou a través do correo electrónico informacion@marinedacity.com.