Descubre a artesanía en pel de Paulo Martín na Pop Up de Marineda

Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro, o estudo de deseño de pezas en pel Paulo Martín será o novo inquilino da Pop Up Store de Marineda City, coa que o centro comercial busca apoiar a creadores, emprendedores e marcas emerxentes. De orixe coruñés, a firma Paulo Martín elabora bolsos, maletas, maletíns e complementos en pel de forma totalmente artesanal, fusionando tradición e modernidade. Trátase dun taller con máis de trinta anos de experiencia que incorporou á segunda xeración familiar á xestión, deseño e fabricación das súas pezas.

O establecemento de aluguer temporal de Marineda City estreou hai unhas semanas unha nova ubicación na planta 0, na zona de Zara. A Pop Up ten como obxectivo apoiar a novos empresarios, pymes, emprendedores locais, diseñadores, creadores e artesáns poñendo a disposición de marcas emerxentes un espazo que lles permite comercializar e expoñer os seus produtos no centro comercial de referencia en Galicia. Así, pola Pop Up de Marineda City xa pasaron marcas como Kandoro, dedicada á creación de juguetes didácticos; Nicler, de moda e complementos; e Carrycool, dedicada á venda de produtos multimarca artesanales.

Este espazo foi deseñado para que os interesados poidan instalarse en períodos de tempo flexibles e adaptados ás súas necesidades. O local está decorado ao estilo vintage, emulando os establecementos dos anos 30, pero é totalmente modulable para que se poida configurar da forma máis óptima segundo o tipo de actividade da empresa que se queira instalar. Por outra banda, conta xa con todos os suministros necesarios para o día a día, incluíndo Internet por cable e Wifi propio. Se queres máis información, invitámosche a descargar o noso dossier. Tamén podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 881 888 888 e proporcionarémosche toda a información que poidas necesitar.