Featured Video Play Icon
 

Gaña entradas para o Depor e vive unha experiencia VIP con Marineda

En Marineda City encántanos o deporte e máis aínda o Deportivo. Por iso, queremos compartir convosco esta #PasiónDesmedida sorteando entradas para ver a #OsNosos en Riazor.

Para cada partido, sortearemos cinco entradas dobres para a grada (presentando tickets por valor de 20€ a 99€) e dous pases dobres para o Palco Vip (con tickets por valor de 100€ ou superior), desde o que vivirás unha experiencia incrible na que te sentirás único: poderás ver o partido con todas as comodidades mentres gozas duns petiscos sen facer colas e sen perder unha soa xogada.

Soa ben, verdade? Pois só tes que gardar os teus tickets das compras realizadas en establecementos do centro comercial e presentalos no punto de información que está situado xunto á Farmacia Castro. Alí selaranchos e entregaranche un cupón que debes cumprimentar para participar no sorteo. Se queres máis información, podes consultar as bases no enlace.

E é que velo en casa mola, pero velo no campo mola moitísimo máis!