As máis reais e auténticas historias de amor, este sábado en Marineda City

15 de Marzo de 2017
O 18 de marzo, ás 18h, Hugo Sanmartín e Pablo Piñeiro presentan en Marineda City “Do teu corazón ao meu libro”, que recolle historias de amor anónimas recompiladas por toda Galicia.

O desengano dun neno de 10 anos, a pena dunha muller que perde ao seu esposo mariño durante unha tormenta, o amor entre unha moza acusada de meiga e un ermitaño que habitaba no bosque a principios do século pasado…

Estas son algunhas das historias que narra “Do teu corazón ao meu libro“, un proxecto capitaneado por Pablo Piñeiro e Hugo Sanmartín, dous futbolistas que un día decidiron armarse de grabadora, papel e lápiz e percorrer Galicia en busca de amores e desamores anónimos para despois plasmalos nun libro. Apostados en rúas, praias, centros da terceira idade e centros comerciais, entre eles Marineda City, durante varios meses estes dous mozos prestaron seus oídos a todo aquel que quixese confiarlles a súa experiencia.

En total máis de 200 persoas de todo tipo, sexo e idade, desde os 10 ata os 90 anos, compartiron as súas vivencias con Hugo e Pablo. De todas elas, seleccionaron 18, as máis divertidas, sorprendentes e emotivas, que conforman “Do teu corazón ao meu libro”, editado por Círculo Vermello e á venda na librería Santos Ochoa de Marineda City.

Este sábado 18 de marzo, ás 18h, Hugo e Pablo estarán en Marineda City (planta 0) para nos contar os pormenores desta orixinal iniciativa e asinar exemplares do seu libro.

¡Esperámosvos!