Black Friday: xa está aquí o venres máis esperado do ano

17 de Novembro de 2017

O venres 24 de novembro volve o esperadísimo Black Friday, unha xornada de descontos masivos á que cada ano súmanse máis tendas e que marca o inicio oficial da campaña de Nadal. Trátase dunha xornada perfecta para adiantar as compras do Nadal aproveitando os descontos desta tradición importada de Estados Unidos.

Para quentar motores, xa desde días antes multitude de tendas ofrecen ofertas e promocións especiais e durante o propio Black Friday moitos establecementos comerciais amplían o seu horario de apertura ata a medianoite.

Pero Marineda City é máis que compras: unha boa estrea de cine, unhas partidas de birlos ou unhas carreiras de karts son o mellor plan antes de ir cear en calquera dos establecementos de restauración situados na última planta do centro. Ademais, para que os máis pequenos da casa tamén poidan gozar deste día, preparamos unha festa especial no Club Kids na que poderán cantar as súas cancións favoritas no noso karaoke.

Vai tomando nota!