BO DESEÑO PARA ESTAR XUNTOS

4 de Outubro de 2016

O 8 de outubro IKEA Marineda presenta SÄLLSKAP, unha colección inspirada na arte escandinava, na artesanía tradicional e na innovadora idea de crear habitacións deseñadas para toda a familia.

É unha colección de mobles, téxtiles e vaixelas que nos trae ao presente a inspiración do pasado da mellor forma que podiamos facer, mirando cara a adiante.

SÄLLSKAP está deseñada para axustarse a todos os espazos. O mobiliario é máis pequeno que o dos de hai un século e aporta calidades multifuncionais que engaden valor a estes mobles compactos.

O principal material do que se compoñen é a madeira sólida xa que aporta a robustez e a calidez que se busca cando queres facer algo para toda a familia, ao que se pode engadir tantos coxíns e mantas como desexes.

No corazón da colección atopamos os téxtiles. Porque xogar cos tecidos permítenos cambiar e darlle outros toques á habitación. Os coxíns SÄLLSKAP teñen estampados inspirados nos tradicionais estampados suecos e que nos trae ese espírito da vida de campo actual.

As teas recrean patróns do pasado. No século XVIII a pintura salpicada era unha forma de crear o teu propio papel pintado. Un estampado que é perfecto tanto para a vida actual como a tradicional.

En definitiva SÄLLSKAP é unha colección que celebra a tradición sen perder o contacto coa vida moderna. Con elementos únicos e diferentes para aportarlle un toque especial ao teu fogar e gozar de estar xuntos en casa.

Ven descubrila en primeira persoa este sábado 8 de outubro, a partir das 12h en Ikea Marineda City.