Es emprendedor? Temos o espazo perfecto para ti!

24 de Outubro de 2016

Tes unha idea de negocio? Acabas de lanzar un novo produto e queres dalo a coñecer? Es o propietario dunha pequena tenda e queres ampliar os teus horizontes? Necesitas un escaparate para as túas creacións? Se respondiches que si a algunha destas preguntas, sigue lendo: temos o espazo perfecto para ti.

A nova Pop Up de Marineda City, situada na praza Elíptica de Planta 0, unha zona privilexiada e de alto tránsito de clientes, á beira de firmas como Zara, Oysho, Shana y El Corte Inglés, é un espazo singular e totalmente acondicionado grazas ao cal poderás dar a coñecer a túa marca ou proxecto no centro comercial máis grande de Galicia e mostrar os teus produtos aos nosos máis de 16 millóns de visitantes anuais.

Trátase dun espazo totalmente modulable para que poidas configuralo de forma óptima segundo a túa actividade. Por suposto, contarás con todos as subministracións necesarias para o día a día, incluíndo conexión a Internet por cable e WIFI propio, fío musical e dous probadores.

Moda, complementos, accesorios, fogar, cultura, entretemento, produtos gourmet, samplings de bebidas… calquera sector ou actividade pode ter cabida neste espazo co que queremos dar un paso adiante no noso compromiso coa nosa comunidade, apoiando a novos empresarios, pemes e emprendedores locais, deseñadores, creadores e artesáns para que poidan mostrar os seus produtos no gran escaparate de Marineda City.

Se crees que pode encaixar co teu negocio, non dubides en nos escribir a zonascomunes@marinedacity.com ou chamarnos ao 881 888 888. Escoitaremos as túas necesidades e proporcionarémosche toda a información que poidas necesitar. Ademais, nesta ligazón podes descargar un dossier con máis datos sobre este espazo.

¡Ti pos a idea, nós encargámonos do resto!