Featured Video Play Icon
 

Estreamos app para facer a túa visita máis fácil que nunca

Estamos de estrea! Temos nova app cunha chea de novidades e funcións súper útiles que farán que a túa visita a Marineda City sexa máis fácil que nunca e que non perdas nada de todo o que se coce no centro. Queres coñecer todos os detalles? Sigue lendo!

Cun aspecto totalmente redeseñado, máis intuitiva e con novas funcionalidades, poderás ter ao teu alcance multitude de servizos e vantaxes para que goces de Marineda City ao grande. A nosa nova app está xa dispoñible para Android e iOS en Google Play e a App Store.

Entre as súas novas funcionalidades atoparás:

  • Un innovador sistema de xeolocalización indoor para que consigas chegar ás túas tendas ou servizos favoritos da forma máis rápida. Cálculo de rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
  • A posibilidade de gardar a ubicación do teu vehículo no aparcamento do Centro Comercial e localizalo de forma automática mediante un guiado persoalizado de volta ao mesmo desde calquera zona do centro.
  • Estar ao día de todo o que che interesa grazas a notificacións push persoalizadas baseadas nos teus gustos e preferencias.
  • Gozar de promocións especiais e agasallos directos mediante a función de Check-In.
  • Dispoñer da información máis actualizada de horarios, axenda de eventos e actividades, servizos, aperturas especiais, noticias, e carteleira de cine ou atopar inspiración grazas ao novo servizo O Regalador.
  • A posibilidade de crear, visualizar e mostrar a tarxeta Marineda City Card nas túas tendas favoritas, beneficiándote de forma inmediata de importantes descontos e vantaxes nos establecementos adheridos.
  • A nova app conta tamén con accesos especiais e independentes para clientes e empregados, con promocións, vantaxes e descontos exclusivos adaptados a cada usuario.

Unha app pensada para aqueles que non queren perder nada do que ocorre na cidade das compras e que queren gozar ao 100% da experiencia Marineda City.

Goza xa de todas estas e máis vantaxes descargando a nova app de Marineda City!