Factoría de Pilotos: apostando por la canteira

29 de Marzo de 2016

Este mes de marzo, celebrábase na Pastoriza, Arteixo, o Campionato Galego de Karting, unha proba na que mozos de toda Galicia compiten por facerse un oco no podium. Un deles era Fernando Costal, unha nova promesa do motor que logrou achegarse un pouco máis ao seu soño grazas á Factoría de Pilotos de Karting Marineda.

E é que Fernando foi o primeiro bolseiro da categoría alevín na proba que tivo lugar no circuíto de Marineda City o pasado 4 de marzo. Tras situarse no primeiro posto dos oito nenos que disputaban a beca, participou na competición galega o pasado 13 de marzo, facendo unha gran actuación.

As seguintes probas de selección serán o 10 de abril e o 6 de maio para a categoría de cadete e o 5 de xuño a última proba de alevín. A segunda edición da Factoría de Pilotos, clara aposta polo deporte base de Karting Marineda, vén avalada polo éxito da primeira, que, con 7 nenos bolseiros, conseguiu situar a un deles entre os tres primeiros clasificados do Campionato Galego de Karting en 2015.

Exemplo desta canteira de campións son Adrián Vázquez e Marcos González España, que seguen competindo con diferentes escuderías e conseguiron clasificarse no primeiro e segundo posto na categoría junior o pasado 13 de marzo no campionato celebrado na Pastoriza.

Karting Marineda suma esta iniciativa ás diferentes accións vinculadas de forma directa aos máis pequenos da casa, como a sensibilización en materia de Seguridade Vial, mediante a que dan formación, tanto teórica como práctica, para concienciar aos máis pequenos da casa sobre a importancia de cumprir co reglamento de tráfico e sinaléctica establecida.