Guía fácil para moverte con soltura polo aparcadoiro de Marineda

1 de Xullo de 2016

Pedístesnolo e escoitámosvos. Melloramos o aparcadoiro! A partir de agora notarás melloras na interconexión das plantas, máis e mellores accesos peonís, indicadores máis claros, máis prazas para familias, para motos e persoas con mobilidade reducida. En definitiva, un aparcadoiro máis cómodo e intuitivo. Se queres coñecer todos os detalles, descarga a guía que preparamos para ti! A continuación, facémosvos un resumo das principais novidades:

_Un aparcadoiro máis intuitivo. Acabouse o non acordarse da praza onde deixaches aparcado o teu coche. Segue estes tres pasos para telo claro:

  • Elixe a planta: -1, -2 ou -3
  • Fíxate na cor e o animal que verás nas columnas.
  • Lembra a túa praza. Utiliza a APP de Marineda City para gardar a túa localización de forma sinxela ou ben toma unha foto co teu móbil á columna máis próxima para situarte e poder atopar o teu vehículo despois.

Está sinalizado por todas partes. Non poderás non acordarte!

_Fácil acceso entre o aparcadoiro e o centro. Grazas ao código de cores (vermello, azul ou verde) que atoparás en cada porta de acceso resultarache moi fácil lembrar por que zona accediches ao centro desde o aparcadoiro, para así regresar se o desexas polas mesmas escaleiras, ramplas ou ascensores e optimizar o teu tempo. Acabouse o de dar voltas polo parking!

_Máis servizos. Lembrámosche que tes á túa disposición prazas máis amplas destinadas a familias, prazas para motos e prazas para persoas con mobilidade reducida. Todo sinalizado e con itinerarios para atopalas desde que accedes ao aparcadoiro. Ademais, contamos con servizo de lavado de coches.

_Seis accesos adaptados a ti. Temos 6 para que poidas elixir o que mellor se adapte ás túas necesidades en función da túa orixe e onde te dirixas.

E para terminar, unhas recomendacións prácticas para telo todo controlado cando veñas visitarnos no teu coche:

  • Segue os indicadores de prazas libres. Lembra que sobre cada praza hai un sinal luminoso que che indica se está libre ou ocupada.
  • Identifica os sinais de peóns e de condutores.
  • Ten en conta que nas plantas -1 e -3 é máis fácil atopar sitio.
  • Se o necesitas, utiliza as prazas especiais.
  • Se es cliente de Carrís Hoteis ou Feu Vert, tes á túa disposición prazas reservadas.
  • Se te dirixes a Ikea, El Corte Inglés, Feu Vert ou Leroy Merlin, guíate poloa sinais específicos.