Karting Marineda dará catro bolsas para participar no Campionato Galego de Karting

4 de Marzo de 2016

Boa noticia para as futuras promesas do motor! Tras o éxito da primeira, Karting Marineda pon en marcha unha nova edición da Factoría de Pilotos, unha iniciativa que permitirá a catro mozos de entre 6 e 13 anos participar no Campionato Galego de Karting.

Nesta aposta polo deporte base, o Karting outorgará catro bolsas: dúas delas para a categoría Alevín (entre 6 e 9 anos) e outras dúas para a de Cadete (entre 10 e 13 anos), coas que os mozos seleccionados poderán facer fronte aos gastos derivados da participación na competición autonómica (inscrición, xornada de adestramento en circuíto de competición, gasolina, equipo mecánico, licenza federativa…)

Este venres, 4 marzo, Karting Marineda arranca este proxecto coa primeira selección de pilotos para a categoría alevín e unha gran festa de presentación con prezos especiais e unha chea de sorpresas.

A inscrición para esta e as seguintes probas (10 abril, 6 de maio e 5 de xuño) pode realizarse no despacho de billetes ou por email en reservas@kartingmarineda.com. O prezo é de 40€ para cada unha das probas, que consistirán nunha clase teórica de 25 minutos, clase práctica de 7 de minutos e carreira de selección de 7 minutos.