Marineda City acolle a I Xornada Fashion Law

10 de Maio de 2016

Gústache o mundo da moda e gustaríache desenvolver a túa carreira nel? Dedícaste profesionalmente a este sector e con frecuencia tes dúbidas sobre cuestións legais?

Marineda City converterase o próximo 26 de maio no epicentro do mundo da moda coa I Xornada Galicia Fashion Law, un evento que pon o foco nos aspectos xurídicos implicados na moda e o deseño. Trátase do primeiro evento destas características que se celebra en Galicia e que traerá á Coruña a algúns dos máis reputados expertos na materia.

Profesionais do dereito, maxistrados e investigadores abordarán neste encontro, que organizamos en colaboración con Garrigues, as claves para entender un sector en continua evolución e que demanda un asesoramento transversal e altamente especializado.

A I Xornada Galicia FashionLaw forma parte do programa Marineda College, un área de encontro na que compartir coñecemento e a través da que Marineda City quere ofrecer contidos interesantes para os diferentes sectores da súa contorna.

Se estás interesado en asistir á xornada, só tes que te inscribir de forma totalmente gratuíta escribíndonos a assistant@marinedacity.com ¡As prazas son limitadas!

Consulta o programa completo aquí.