Friking

Marineda terá a primeira tenda de Friking na Coruña

5 de Novembro de 2019

Boas noticias para os amantes das series, as sagas fantásticas e o anime: chega a Marineda City Friking, unha cadea de orixe gaditano especializada na creación de camisetas orixinais e divertidas, con máis dun milleiro de deseños diferentes. Ademais, tamén atoparedes suadoiros, cuncas, carteiras, chaveiros, figuras de coleccionismo, gorras… O novo establecemento, situado na planta 1, é o primeiro na Coruña de marca, que conta con máis de 100 tendas distribuídas por España, Italia, Portugal, Francia e Panamá.

Esta apertura súmase ás recentes incorporacións da marca de conservas gourmet Frinsa, o restaurante de gastronomía hawaiana Mahalo Poké, a cadea de estética avanzada Centros Ideal; e as re aperturas da firma local de zapatos Calzados Vogne e da tenda de xogos Imaginarium, que cambiou de emprazamento ao mall infantil do centro comercial cun novo modelo que substitúe a tenda tradicional por un gran cuarto de xogos que potencia a experiencia de nenos e familias. Ademais, a cadea de roupa interior e deportiva de Inditex Oysho tamén estreou nova imaxe no seu establecemento de Marineda City.

E é que día a día Marineda City continúa crecendo para ofrecervos a máis completa oferta de lecer e shopping. Recorda que podes estar ao tanto de todas as nosas novidades a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e da nosa app móbil, dispoñible para iOS e Android, coa que ademais poderás gozar de descontos e servizos exclusivos ou atopar calquera establecemento que busques grazas ao seu servizo de xeolocalización.