Expertos de talla internacional debatirán en Marineda sobre a arquitectura en espazos comerciais

5 de Febreiro de 2018

O próximo 15 de febreiro de 2018 Marineda City acolle a II Xornada de Arquitectura do Retail, que reunirá a algúns dos máis reputados profesionais neste campo.

A xornada contará coa presenza de expertos da talla de Marco Mora von Rechnitz, director da prestixiosa revista Vivindo o deseño. Recoñecido en todo o mundo, Marco Mora é ademais fundador da Escola de Deseño Universidade Véritas de Costa Rica e foi galardonado co Premio Nacional de Deseño.

Trátase dun evento aberto ao público, concibido como un área de encontro na que profesionais, estudantes e marcas poderán compartir coñecemento e na que se abordarán temas como o interiorismo estratéxico, os novos conceptos de xogo en centros comerciais e espazos de lecer, ou como adecuarse á nova era dixital.

Ademais de Marco Mora, os asistentes poderán escoitar os relatorios de Ramón Cabarcos, profesor na EASD Ramón Falcón de Lugo; Iván Cotado, director de Iván Cotado Diseño de Interiores, docente, conferenciante e blogger; Jorge Ponce, director da oficina de Broadway Malyan, en Madrid e charman da Rexión de América latina Retail Futuro; Ramón Ramírez, socio fundador de B+R ArquitectosMilva Maggioni, socia gerente de Play Planet, e Diego Romanos, Director División AV en Sutega Sutega.

A xornada, que conta co patrocinio de AbeconsaEl Corte Inglés, JMI, KotablueOgmios Sutega, terá lugar na Sala 1 de Cinesa de 9.15h a 13.45h e o acceso é libre ata completar aforo.

Marineda City e Merlin Properties promoven iniciativas e foros de encontro nos que compartir coñecemento e contidos de interés tanto para os sectores do seu ámbito como para o público en xeral.

Fai click aquí para ver o programa.