O Corte Inglés de Marineda inaugura un espazo Disney con actividades para toda a familia

O Corte Inglés de Marineda acaba de estrear unha nova zona Disney na terceira planta: un área de máis de 260m2 onde gozar dunha experiencia única para toda a familia cos xoguetes e actividades de Disney, Marvel e Star Wars. Trátase do espazo permanente máis grande de España e o segundo que a firma inaugura trala apertura no Corte Inglés de Preciados

Nel, os máis pequenos da casa poderán gozar de eventos e actividades gratuitas inspiradas nos populares personaxes da firma: estrear o probador máxico das Princesas Disney, “solidificarse en carbonita” como Han Solo ou facerse unha foto cos Vingadores de Marvel nun photocall interactivo.

Para celebralo, programaron un sinfín de actividades que arrincan esta mesma tarde e prolongaranse durante todo o mes de xuño. ¡Vai anotando na axenda!

  • Venres 3 de xuño
    • Manualidades: Princesas (Colgadores de portas). De 17:30h a 20:30h.
    • Star Wars (Monicreces de Yoda). De 17:30h a 20:30h.
    • Os Vingadores (máscaras de superheroes)De 17:30h a 20:30h.
  • Sábado 4 de xuño
    • Pintacaras de Princesas Star Wars e Os Vingadores. De 12 a 14h.
    • Chroma de fotos de Princesas, Star Wars e Os Vingadores, para tirar unha foto tematizada. De 17:30 a 20:30 h.
  • Sábado 11 de xuño
    • Pinta e colorea e photocall de Princesas. De 17:30 a 20:30h
  • Sábado 18 de xuño
    • Pintacaras de Marvel. De 17:30 a 20:30h
  • Sábado 25 de xuño 
    • Actividades Star Wars (de 17:30 a 20:30h)