Os zombis chegan a Marineda City

A festa máis terroríficamente divertida do ano achégase a Marineda City! Se che apetece unirte á horda de zombis que vén de camiño convidámoste a sumarte á exhibición que terá lugar a tarde do sábado 29 de outubro, na que celebraremos Halloween como se merece: reinterpretando o mítico Thriller de Michael Jackson xunto aos bailaríns de Live The Music School. Se te animas, podes apuntarte ao workshop que dará a escola previamente (planta 1, xunto a Zara Woman).

Por suposto, os peques da casa tamén terán a súa oportunidade de gozar desta celebración; o domingo 30 de outubro, o Club Marineda Kids organiza unha festa especial de Halloween con entrada libre. Haberá talleres, pintacaras e unha chea de sorpresas!

Ademais, xa inmersos na preparación do Nadal, adiantámosvos que moi pronto teremos unha gran festa infantil gratuíta para celebrar a chegada da época do ano máis esperada por os nenos. Será o martes 6 de decembro no Club Marineda Kids da Planta 2 e incluirá agasallos para os asistentes e un taller especial de maquillaxe do Nadal.

E lembra, o martes 1 de novembro abrimos tendas, establementos de lecer e restaurantes!