A mellor comida sobre rodas volve a Marineda City

22 de Xuño de 2017

Este verán o Plate Selector Food Tour regresa á Coruña para achegarnos as delicias dalgúns dos mellores food trucks nacionais. Do 6 ao 8 de xullo na praza exterior de Marineda City poderemos degustar os sabores mexicanos de Toloache, as delicatessen do chef Hermes Castro, a comida 100% natural e caseira de Comecamiños, as pizzas ao forno de leña de De La Piccola e a aposta de gastronomía ecolóxica do Fogar do Santiso, ademáis do vermú galego de Nordesía. A oferta gastronómica complétase coas propostas de Galician Food e Bico de Xeado, que estarán durante todo o verán no centro.

O evento comezará o xoves 6 de xullo coincidindo co concerto de Antonio Orozco. Pero a música non acaba aí: xa o xoves, haberá una sesión DJ con José Lemur, mentres que o venres e o sábado, na sesión vermú, acompañarannos dous músicos galegos con gran proxección, Nestor Pardo (venres, 13.30h) e Cora Sayers (sábado, 13.30h). Xa pola noite, os djs Jas Processor (venres, de 20.30 a 22.30h) e Facela e Ledo (sábado, de 20.30 a 22.30h) serán os encargados de amenizar a cea.

Talleres e showcookings
O Plate Selector Food Tour complétase cunha variada programación de actividades: así, o venres haberá unha cata de viños guiada por Isabel Lozano, sumiller do Instituto Galego do Viño e xerente de Vinissi. Será de 19h a 20.30h. Xa o sábado, de 19h a 20h, o chef Iván Domínguez, chef do Restaurante Alborada cunha Estrela Michelin, ofrecerá un showcooking con degustación. As prazas para ambas actividades son limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico info@marinedacity.com, no teléfono 881 888 8888 ou nos puntos de información do centro. Tamén o sábado, ás 18h, Nordesía ofrecerá unha desgustación gratuíta de vermú galego.

Así que xa sabedes, a mesa está posta: ¡só faltades vós!