Reis Magos en busca de inspiración? Descobre as nosas propostas 

Ardentia, Smart Box, Custom Desing, Hawkers, Naive Socks e Waffle Bubble son os últimos stands que abriron nos últimos días. Neles, atoparás propostas orixinais e divertidas para sorprender aos que máis queres. Anímaste a coñecelos?

Ardentia. Se buscas unha xoia diferente, innovadora e de calidade, o stand de Ardentia na planta 1 ofréceche deseño galego en prata de lei e esmalte ao lume.

IMG_4102

Smart box. Coas caixas de Smart Box poderás regalar a esa persoa tan especial unha experiencia inesquecible: desde ceas para dous ata un voo en ultraligero. Están na planta 1.

IMG_4091

Naïve Socks. Creatividade, cor, alegría e liberdade son as máximas de Naïve Socks, en cuxo stand, situado na planta 1, poderás conseguir cuns calcetíns de primeira calidade. Un clásico dos Reis Magos con moita personalidade!

IMG_4086

Custom Desing. Carcasas de móbil, imanes, auriculares e ¡ata o colar do can! En Custom Desing podes personalizar unha chea de obxectos coa foto que ti elixas. E en só cinco minutos! Está na planta 0.

IMG_4121

Hawkers. As lentes de sol máis de moda tamén están en Marineda City. Pása polo stand situado na planta 0, xunto á farmacia Castro, e faite co teu modelo favorito.

IMG_4138

Waffle Bubble. Logo dunha xornada buscando o agasallo perfecto, mereces unha pequena recompensa: achégate ao stand de Waffle Bubble, na planta 0, e goza das súas deliciosas burbullas recheas de xeado e cubertas co teu topping favorito.

IMG_4112