Seis tips para hacer la reentrée más llevadera

Seis tips para facer a rentrée máis levadeira

7 de Setembro de 2016

Parece que foi onte cando estabas tan a gustiño mergullándote no mar, durmindo a sesta á sombra dunha figueira ou pateando unha cidade descoñecida.

Setembro supón para moitos a volta ao traballo logo duns tonificantes días de vacacións. Para facer a rentrée máis levadeira, concédete algún pequeno capricho, planea actividades que alteren a túa rutina ou empeza con ese proxecto de decoración que levas tanto tempo pospoñendo.

  • Concédete un capricho. Sal cedo do traballo e dá unha volta polas nosas tendas para descubrir as tendencias de tempada outono inverno: as cores que veñen, novos tecidos e formas… Para afrontar a rentrée con máis alegría, concédete un pequeno capricho: ese bolso que lle dará o toque chic ao teu look de oficina, un vestido novo para arrasar o venres pola noite ou as zapatillas de moda coas que serás a envexa do instituto.
  • Rompe coa rutina. De casa ao traballo, do traballo a casa… Non deixes que a rutina se apodere da túa vida e reserva un día da semana para facer algo diferente: planea unha noite de cine máis cea coa túa parella, organiza unha carreira de karting cos compis da oficina ou ven a gozar en familia dunha noite na bolera. Tamén podes apuntarte a clases de música e baile na nosa escola.
  • Dálle un novo aire ao teu fogar. Setembro é tempo de cambio e renovación: este pode ser o momento perfecto para abordar ese mini proxecto de decoración que hai tempo que che rolda a cabeza. Bótalle unha ollada ao novo catálogo de IKEA, dá unha volta polas nosas tendas de fogar e consegue todo o necesario para te poñer ao choio en Leroy Merlin ou Bricor.
  • Ponte en forma. Fai un oco na túa axenda para te poñer en forma: o exercicio físico axudarate a te sentir mellor co teu corpo e coa túa mente. Natación, ioga, pilates, natación, surf, bicicleta, deportes de equipo… Unha vez elixas a actividade que máis che guste, pasa polos nosos establecementos deportivos, faite co equipamento necesario e ¡en marcha!
  • Viaxa co paladar. Aínda que se terminaron as vacacións, podes seguir viaxando e coñecendo novos países a través da gastronomía: percorre a ruta 66 ceando nun auténtico dinner americano, goza da maxia do Piemonte, viaxa a Rimini a través das súas deliciosas piadinas, descobre o sabor de Brasil ou saborea un auténtico asado arxentino.
  • Cambia o teu look. Corta o pelo, deixa barba, renova o teu armario… En Marineda City atoparás todo o necesario para cambiar o teu look dos pés á cabeza. Ademais, podes contar coa axuda do noso estilista para descubrir cales son as pezas e cores que mellor che van ou para xestionar o teu vestidor da forma máis eficiente.