pelis navidad marineda

Sete clásicos que ver en Nadal e tres estreas para non perderse

22 de Decembro de 2020

O Nadal sempre foron para pasar na casa, cos teus e facendo o que máis che gusta. Iso non o cambiou este ano tan atípico! As pelis do Nadal, coa mantiña e o turrón, son unha tradición que non estamos dispostos a perder. E se a ocasión o merece, por que non unha visita ao cinema xa que apuras as últimas compras?

Preparámosche unha lista coas nosas sete películas favoritas para ver en Nadal. E ademais pensamos en tres estreas que prometen.

Para os máis románticos:

  • Love Actually: é a raíña das comedias románticas do Nadal. Quen non suspirou coa silenciosa declaración de Mark a Juliet? Esta película chea de grandes actores é un  must.
  • The Holiday: pouco ten que envexar esta peli á anterior, todos creamos un novo oco nos nosos corazóns porque é difícil non soñar cos dúos Amanda- Graham e Iris-Miles. Ademais, ten un elenco alucinante!

Para toda a familia:

  • Solo en casa: clásico de clásicos, a estrela do Nadal. Esta película é apta para todas as idades, unha tradición que pasar de maiores a pequenos. Seguro que estás de acordo.
  • El Grinch: nesta peli hai dous bandos, os que queren salvar ao Grinch e os que se identifican con el, de cales es ti?
  • Gremlins: é humanamente imposible non adorar esta película, coñeces a alguén a quen non lle guste? Coidado coa auga este Nadal😉

E para os que prefiren dibus:

  • Polar Express: a viaxe deste neno que dubida da existencia de Santa Claus ao Polo norte é esperanzador e entenrecedor. Ideal para plan familiar!
  • Pesadilla entes de Navidad: un Nadal sen Santa Claus e chea de tristeza? Esta loita contra o rei das cabazas por salvar o Nadal é un clásico obrigatorio.

Se che apetece algo novo, ou se xa te cansaches dos clásicos, tamén podes pasarte por Cinesa  Marineda a ver algunha destas grandes estreas para toda a familia:

  • Pica Pica Musical especial Navidad Navidad: o grupo musical-teatral chega este Nadal á gran pantalla da man de Cinesa. Reserva a túa entrada e pasa unha tarde xenial cos seus xogos, historias e cancións.
  • Wonder Woman: os fans de  DC que non puideron asistir á estrea da película máis esperada deste 2020, teñen unha cita marcada nos seus almanaques.
  • Los Croods. Una nueva era: esta nova entrega dos Croods estréase o 23 de decembro, pero contámosche un segredo, podes vela o 20 de decembro en Cinesa Marineda!

Cal vas ver ti? Lembra que este Nadal podes reservar a túa sala no cinema de Marineda para ver a túa peli favorita cos teus. Consulta prezos e dispoñibilidade na web de Cinesa.