De shopping en A Coruña

De shopping na Coruña

18 de Agosto de 2016

Gozar das súas praias urbanas, recorrer o paseo marítimo máis longo de Europa, descubrir os museos científicos… e ir de shopping! Se estás ou tes pensado vir de vacacións á Coruña, reserva un oco na túa axenda para coñecer o centro comercial máis grande de Galicia.

Tanto se es un apaixoado do shopping como se o que buscas é pasar un bo rato en familia ou cos amigos, en Marineda City temos o plan perfecto para ti: atopar as últimas tendencias nas nosas cerca de 200 tendas -con marcas como Zara, H&M, El Corte Inglés, Ikea ou MediaMarkt– descubrir o estilo que mellor che cae coa axuda do noso personal shopper ou pasalo en grande na nosa zona de ocio con cine, karting, bolera e un espazo para nenos con parque infantil e actividades para os máis pequenos. Para repoñer forzas, temos máis de 20 restaurantes: italiano, americano, asiático, turco, brasileño, cociña tradicional, de tapeo… E non terás que te preocupar polo aloxamento: reserva no noso hotel da cadea Carrís e goza de das comodidade dun catro estrelas.

Ahorra en tus compras

Se ves visitarnos desde fóra de España, achégate aos noso puntos de información e te indicaremos como solicitar a devolución do IVE para que aforres nas túas compras.

Ademais, poderás beneficiarte dun montón de ofertas e promocións grazas á nosa City Card Tourist: só tes que solicitala nos puntos de información ou a través da nosa app móbil: lévala ao momento e poderás gozar de vantaxes xeniais en máis de 40 establecementos de moda, beleza, restauración, deportes, fogar…

Planifica a túa visita

Queremos que a vosa visita sexa o máis pracentera e cómoda posible: por iso, preparamos unha guía fácil para moverte con soltura no parking. Consúltaa neste enlace e planifica a túa visita para que todo vaia sobre ruedas. Neste vídeo podes ver as melloras que realizamos nos últimos meses.

Nos puntos de información tamén che proporcionaremos un directorio con toooda a información sobre o centro: planos, tendas, servizos, así como un mapa da cidade. Pero se o teu é levar todo o que precisas no móbil, non hai problema! Descárgate a nosa app, na que poderás consultar a ubicación das diferentes tendas, memorizar a túa praza no parking ou enterarte de todas as nosas actividades, promocións e ofertas. Pica aquí se o teu teléfono é Android ou aquí se é un Iphone para te facer con ela.

Todos os servizos

En Marineda City atoparás caixeiros… ata de bitcoins!, prazas de aparcamento para familias, gardarroupa, punto de recarga de móbiles… Se ves con nenos, préstamosche unha cadeira ou unha mochila para que pasees con él cómodamente sen necesidade de cargar coa túa. Tamén dispoñemos dun servizo de préstamo de cadeiras de rodas e de scooters eléctricas para para persas con mobilidade reducida, aseos infantís, salas de lactancia, cambiadores de bebés… Consulta todos os sevizos aquí.

Benvidos!