Featured Video Play Icon

Verán Marineda: agardámoste cos mellores plans

28 de Xullo de 2020

Os días infinitos, as vacacións, os xeados, o terraceo, as compras relaxadas? Que ganas tiñamos de verán! E este ano, máis que nunca, queremos compartilo convosco. En Marineda City agardámosvos cos mellores plans: tendas renovadas, rebaixas, aperturas, restauración, lecer e moitas sorpresas… E, por suposto, con todas as garantías para que a túa visita sexa segura 😉. Pon o teu mascarilla e ven a descubrir o Verán Marineda!

  • Toda a moda, a restauración e o lecer. E novidades! Gozar do shopping con amigos, comer en familia, redescubrir a maxia do cine, descubrir novos sabores, tomar un xeado do teu sabor favorito, atopar as últimas tendencias de moda… As túas visitas a Marineda son sempre diferentes! E como novidade, acabamos da benvida a La Mina: un espectacular restaurante de cociña de inspiración asturiana que fusiona tradición e vangarda.
  • I love rebaixas! Sandalias novas, equipación para facer deporte, decoración para a terraza, o último en tecnoloxía… Tes a túa lista feita? Os mellores descontos espérante nas túas tendas preferidas; non perdas de vir ás rebaixas de marcas como Ikea, Zara, H&M, El Corte Inglés, Decathlon, Mango, Calzedonia, Pull&Bear…
  • Terraza de verán Living&Chill. Neste verán atípico propuxémonos ofrecerche novas e mellores experiencias: en agosto, a praza exterior será o epicentro do lecer estival converténdose nunha extensión das nosas terrazas da planta 2. Así, habilitaremos un espazo de relax e descanso onde poderás gozar dunha charla con amigos, sentar a tomar un xeado ou un café, gozar do ambiente ou degustar o teu take away preferido dos nosos locais de restauración. E é que, na Terraza de Verán, que será de acceso libre e estará aberta entre as 13 e as 22h, poderás consultar a oferta gastronómica do centro: mediante códigos QR terás acceso á carta e menú dos locais para elixir o que vas tomar. Ademais, durante o fin de semana, contaremos con DJ para amenizar A Terraza de Verán. Un espazo deseñado con todas as medidas de control, distanciamiento e hixiene necesarias para maximizar a túa seguridade.
  • Roadshow #MarinedaOnRoad. Un ano máis nos leamos a manta á cabeza e, co noso característico roadshow e da man de escolas de surf galegas, visitaremos algunhas das praias máis destacadas da nosa Comunidade. Esta vez contaremos cun surfset, música en directo, unha ruleta con premios e photocall. Estade atentos porque moi pronto vos contaremos datas e ubicacións e unha sorpresa 😉.
  • A túa seguridade, a nosa prioridade. Preparamos todo para que a túa visita a Marineda sexa segura: hixienizamos a diario todas as instalacións e os aseos e salas de lactación cada hora, reforzamos o persoal de seguridade para axudar a que a circulación sexa máis fluída e recordar que se respecten as distancias de seguridade; distribuímos dispensadores de xel hidroalcohólico e papeleras especiais por todo o centro; colocamos alfombras desinfectantes en todos os accesos e pantallas nos puntos de atención ao cliente. Ademais, implantamos un sistema de control de aforo perfectamente sinalizado nos accesos.
  • Novos servizos á túa disposición. Queremos que a túa experiencia en Marineda sexa inmellorable, por iso non paramos de darlle voltas á cabeza para incrementar a nosa oferta de servizos. Xa tes á túa disposición nos puntos de información os nosos esterilizadores de móbiles e acabamos de incorporar na praza exterior unha estación de recarga de patinetes eléctricos. Ademais, habilitamos unha nova canle de atención ao cliente a través do WhatsApp. A través do número 604 078 667 podes obter información e resolver as túas dúbidas de luns a sábado de 10 a 22 horas.
E para estar ao tanto de todas as nosas novidades podes consultar a nosa web ou descargar a nosa app móbil (dispoñible para iOS e Android), onde atoparás información sobre todo o que necesitas para planificar a túa visita.