Superheroes, cosplay, lendas do deporte e os mellores espectáculos infantiles, este outono en Marineda

Acaba o verán, pero non a diversión. E é que en Marineda City temos por diante un outono cheo de actividades para todos. ¡Non perdas detalle!

Justice League 
A nosa programación de outono arrinca o venres 14 de setembro con DC Justice League, unha exposición na que poderás tirar fotos con figuras a tamaño real de Superman, Wonder Woman, Batman, Aquaman, Cyborg e Flash, converterte no teu personaxe favorito grazas á realidade aumentada ou probar os últimos videoxogos de superheroes. Ademais, haberá un concurso de cosplay con photocall para toda a familia no que os mellores disfraces levarán un pack de agasallos oficiais do equipo máis famoso do universo DC. Para participar, é necesario inscribirse do 14 ao 20 de setembro no punto de información situado xunto a Imaginarium. Podes ver as bases no enlace.

Museo do Deporte

A prata olímpica da selección española de Baloncesto, unhas botas asinadas por Neymar, o gorro de Phelps ou a camiseta de Usain Bolt son algúns dos obxectos que poderedes contemplar na exposición Lendas. Museo do Deporte, unha mostra que busca poñer en valor as grandes xestas que marcaron a historia da competición en diversas disciplinas. A partir do 24 de setembro.

Os mellores espectáculos familiares

No outono continúa o noso ciclo de ocio familiar Fun & Friday cos mellores espectáculos para o público infantil: desde A Gramola Gominola a Pablo Díaz: cada venres, unha nova actuación para gozar con pequenos e pequenas (consulta toda a programación neste enlace). E os sábados e domingos pola tarde, esperámosvos cos talleres e festas máis divertidas no Club Kids.

Nova zona de xogos

Este verán estivemos traballando para que a vosa visita sexa o máis agradable posible.  Por iso, e facéndonos eco das vosas demandas, creamos un novo ascensor no corredor infantil (á beira de Mayoral), onde tamén atoparades unha nova área de xogos: un polbo xigante que emerxe do chan con distintas zonas de escalada e tobogáns. Nesta zona atoparedes ademais as mellores marcas para nenos e nenas, con tendas como Pablosky & Friends, Gocco, Mayoral, a librería Santos Ochoa ou Poly.