Centros Ideal

CENTROS IDEAL SÚMASE Á OFERTA DE BELEZA E SAÚDE DE MARINEDA CITY

25 de Setembro de 2019

Con máis de 10 anos de experiencia no sector da estética avanzada e medicina estética, Centros Ideal acaba de abrir un novo establecemento en Marineda City, no que poderedes gozar de todos os servizos da marca, especializada en depilación láser diodo, tanto feminina como masculina.

Situado na planta 0, en Centros Ideal atoparás a solución que máis se adecúe ás túas necesidades en tratamentos de beleza e saúde, como radiofrecuencia, presoterapia, iluminador facial, limpeza avanzada, masaxes… cun completo equipo de profesionais que te asesorarán para asegurar a eficacia que buscas.

Con esta nova apertura, Marineda City continúa ampliado a súa oferta de beleza e saúde, entre a que destaca un ximnasio da cadea RockGym; centros de estética como Centros Único ou Nails Factory; marcas de cosmética e perfumería como Sephora, Kiko Make Up Milano, Cabelos ou Arenal Perfumerías, e salóns de peiteado para home, muller e neno como Dom Barberías, Marco Aldany ou Fan Look.