Música, gastronomía y planes para toda la familia en Marineda Fest

O concerto de Xoel López, Iván Ferreiro e Pardo arranca unha fin de semana de música, gastronomía e plans para toda a familia

3 de Xullo de 2019

Food trucks, concertos e actividades para os pequenos espérante do 11 ao 13 de xullo en Marineda Fest, un festival gratuíto de carácter solidario que une música, gastronomía, solidariedade e plans para toda a familia.

O evento, de acceso libre, dará comezo o 11 de xullo ás 20h co concerto de Xoel López, Iván Ferreiro e Pardo. Esa mesma xornada, e ata o sábado 13, aparcará na praza exterior unha selección foodtrucks nas que repoñer forzas entre concerto e concerto.

Variedade gastronómica
Country Food, unha divertida dilixencia Tex Mex cargada de auténticos e saborosos tacos, nachos e carne de crocodilo e canguro; Hermes’ Journey, coas súas burgers de delicadas combinacións; Fish and Chic Foodtruck, que traerá o sabor do mar dunha forma moi diferente; D’caprio La Chama Food Truck, onde poderemos degustar as auténticas Arepas venezolanas; ou Baden Baden Food Truck, que nos achegará ao corazón de Berlín e Múnich coa súa ampla variedade de salchichas, pastrami, ensalada de col e pan artesano, son algunhas das propostas gastronómicas que estarán na praza exterior do 11 ao 13 de xullo e que se suman a Bico de Xeado e Custom Box para facer as delicias dos amantes do street food.

Un fin de semana cheo de actividades
Os días 12 e 13 de xullo a música continuará soando da man do Festival Infantil Deleite: as tardes do venres e o sábado teremos unha actuación de Pablo Díaz, unha sesión de DJ para nenos, talleres coa Fundación Meniños e cine familiar ao aire libre . Tamén contaremos co xornalista e divulgador Javier Becerra, autor do libro “Isto é pop”, que achegará aos máis pequenos da casa á historia do pop e o rock dunha forma sorprendente e divertida.

De Bowie a AC/DC: historia do pop e o rock para nenos
“Unha historia do pop para nenos” e “Rock, as guitarras que cambiaron o mundo”, son os títulos das súas intervencións. Na primeira, os nenos e nenas descubrirán o porqué de disfraces de David Bowie e ou porqué Aretha Frankling pedía respecto nos anos sesenta. Na segunda, o autor fará un repaso desde os pioneros ata o presente: coñeceremos o baile do pato de Chuck Berry, vibraremos cun guitarrista vestido de colexial que tocaba en AC/DC, mergullarémonos no mundo sen límites de Queen, fliparemos coa enerxía de Ramones e descubriremos aos Guns N’ Roses.

Un festival solidario
Como xa saberedes, a solidariedade é un dos piares do noso concerto de verán: por iso, este ano colaboramos con Fundación Meniños, que entre o 5 e o 13 de xullo e en paralelo a Marineda Fest realizarán accións de concienciación e recaudación de fondos.

Recorda que a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e a app móbil (dispoñible para iOS e Android poderás estar á última de todos os plans e acceder a contido exclusivo, como vídeos dos artistas e sorteos. Esperámosvos!