KANDORO, UNHA TENDA QUE DISEÑA PRODUTOS DIDÁCTICOS, ESTREA A NOVA POP UP

28 de Novembro de 2016

Kandoro, unha tenda de orixe coruñés que deseña produtos de orixe didáctico para nenos, estrea hoxe a nova Pop Up de Marineda City, situada na zona da Praza Elíptica. Ata mediados de decembro, o novo establecemento, impulsado por dúas emprendedoras, ofrecerá un produto exclusivo da súa creación, “A Cidade de Cartón”.

Trátase da recreación en cartón de catro escenarios de con catro temáticas diferentes: a casa, a tenda de ultramarinos, a oficina de correos e o hospital, acompañados de catro historias en forma de libro. Deseñados a modo de biombo para adaptarse a calquera necesidade de espazo e fabricados en cartón totalmente reciclable e tintas 100% ecolóxicas, cada escenario permite aos nenos recrear escenas da vida cotiá e reproducir situacións reais. Todos os escenarios están fabricados en cartón totalmente reciclable e as tintas empregadas 100% ecolóxicas.

Pop Up Store de Marineda City
A Pop Up ten como obxectivo apoiar a novos empresarios, pemes, emprendedores locais, deseñadores, creadores e artesáns poñendo a disposición de marcas emerxentes un espazo que lles permite comercializar e expoñer os seus produtos no centro comercial de referencia en Galicia.

Este espazo foi deseñado para que os interesados poidan instalarse en períodos de tempo flexibles e adaptados ás súas necesidades. O local está decorado ao estilo vintage, emulando os establecementos dos anos 30, pero é totalmente modulable para que se poida configurar da forma máis óptima segundo o tipo de actividade da empresa que se queira instalar. Por outra banda, conta xa con todos os suministros necesarios para o día a día, incluíndo Internet por cable, Wifi propio, iluminación técnica, fío musical, pantalla led, probadores acondicionados… Se estades interesados en saber máis sobre a Pop-Up de Marineda City podedes descargar o noso dossier nesta ligazón. Tamén podedes escribirnos a zonascomunes@marinedacity.com ou chamar ao 881 888 888 e estaremos encantados de proporcionarvos toda a información que poidades necesitar.