Nadal en Marineda City: a Kind of Magic

29 de Novembro de 2016

A maxia do Nadal chegou a Marineda City para quedarse. Fai apenas unha semana que lle dabamos a benvida da man do ilusionista Jorge Blass, que nos acompañou nun dos momentos máis especiais do ano: o acendido da iluminación.

Este ano, queríamos que a maxia impregnase todos e cada un dos nosos actos; por iso, para estas datas creamos unha campaña na que, grazas a un espectacular truco de ilusionismo, recreamos a icónica foto “Lunch atop a skyscrapper” (1932) cambiando Nova York pola enseada de Riazor: unha homenaxe á cidade, á fotografía e ao Nadal coa que poñemos o colofón á nosa serie de reinterpretacións de imaxes icónicas do cine e a fotografía que nos levou a percorrer diferentes cidades galegas como escenario privilexiado.

Programación de Nadal
A maxia tamén estará presente na nosa programación de Nadal, na que nenos e grandes pasarédelo en grande con talleres, festas, a xa tradicional pista de xeo ou un labirinto cheo de pistas de sorpresas.

– Club Kids. O 6 de decembro dámoslle a bienvenida á época máis esperada polos pequenos da casa cunha gran festa de Nadal gratuita e de entrada libre no Club Kids de planta 2 con agasallos e un taller de maquillaje.Tamén haberá actividades o xoves 8 (festivo de apertura) e todos os venres, sábados e domingos (a partir das 17.30h) a excepción das fins de semana de Noiteboa e Fin de Ano, nos que a cita co Club Kids trasládase aos xoves e venres.

– Pista de xeo. Ata o 15 de xaneiro poderedes gozar de nosa xa tradicional pista de xeo na praza exterior. Tedes toda a información nesta ligazón.

Papá Noel, o Carteiro Real e os Reis Magos. Papá Noel visitará o centro desde o 16 de decembro, de 17.30h a 21h, e o día de Noiteboa os pequenos poderán velo de 17h a 19.30h. Desde o 26 de decembro o Carteiro Real tomará o relevo para recoller as cartas aos Reis Magos, quen pasarán por Marineda City os días 3 e 4 de xaneiro, de 17.30h a 21h, e o día 5, de 12 a 14h, para recoller as peticións.

Mercado de Nadal. Desde o 5 de decembro a Praza Exterior acollerá un mercado de Nadal no que poderedes atopar os agasallos máis orixinais.

– Labirinto infantil. Na praza Elíptica os pequenos da casa pasarano en grande no noso labirinto. Para acceder, é necesario ser usuario da Marineda City Card ou a nosa APP.

– Aperturas especiais. Ademais, para facilitar as vosas compras, as nosas tendas estarán abertas todos os domingos do mes de decembro excepto o día de Nadal, así como o día 8. E desde o 9 de decembro ao 5 de xaneiro, teremos servizo gratuito de empaquetado de agasallos na planta baixa.